Saturday 04 de May de 2024

O Concello pon en marcha a segunda edición de Tendas a Exame para consolidar o plan de asesoramiento gratuito e dinamización do comercio do Agra do Orzán


Expertos en imaxe e técnicas comerciais elaborarán diagnósticos personalizados para mellorar a xestión, imaxe e vendas dos negocios que se adhiran ao programa, que forma parte de Plan Urbana C

O Concello, a través do área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid, puxo en marcha a segunda edición de Tendas a Exame, un programa do Proxecto Urbana C cofinanciado ao 80% con fondos europeos Feder para dinamizar, modernizar e ofrecer aos comercios do Agra do Orzán asesoramiento gratuito en técnicas e estratexias comerciais co fin de mellorar as vendas e reactivar os seus negocios.
O programa, que finaliza o 30 de marzo, consta de tres fases (captación, diagnóstico e plan de traballo) nas que os expertos deberán visitar os establecementos do barrio, emitir diagnósticos dos negocios adheridos ao programa (contémplase a inclusión de 15 locais) e buscar fórmulas para mellorar a imaxe.
Durante os tres meses do programa analizaranse aspectos como o grado de utilización das novas tecnoloxías, publicidade, imaxe e promoción ou servizos ao cliente e poñeranse en marcha en cada un dos comercios as accións de mellora aprobadas polo equipo de técnicos. O asesoramiento gratuito aos participantes realizarano titores e abordará marketing, área económica-financeira, xestión de compras e logística, innovación no comercio e xestión de calidade nos comercios que o desexen.
Cada unha destas áreas dispoñerá dun consultor experto que estará co comerciante durante seis días, de luns a sábado, e durante toda a xornada laboral. Así mesmo, tamén se realizará un seguimiento online con sesións tutorizadas e de grupo en función dos casos e grado de coñecemento de internet. Todas estas accións irán acompañadas de traballos de orientación e mellora en escaparatismo.

TEATRO NA RÚA CON MANICÓMICOS
Para lograr a maior difusión do programa editáronse folletos e cartelería que se distribuirán polo Agra do Orzán, accións de promoción que se completarán coa actuación do grupo Manicómicos, que realizará unha acción de teatro-fórum na que se escenificarán as carencias e problemas do pequeno comercio co fin de captar a atención do público. Haberá dúas representacións na rúa Barcelona o próximo 30 de xaneiro, ás 17.00 e 20.00 horas.
Coa posta en marcha de Tendas a Exame II, a área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid reafirma a súa aposta pola reactivación da vida comercial no Agra do Orzán apostando por proxectos innovadores. “Os comercios son o reflexo dos seus barrios e hai que buscar fórmulas para promocionar a pervivencia de negocios de toda a vida xunto coa creación de novas empresas”, explica Cid.
A segunda edición do programa Tendas a Exame conta cun orzamento de 35.750,83 euros e ponse en marcha tras finalizar o primeiro programa cun nivel de éxito do 97%, con 40 diagnósticos e con 2.448 accións de mellora.